miércoles, junio 12, 2013

Despois da tormenta sempre chegara a calma

Queridiñ@s Dorneir@s decia un dito que despois da tormenta sempre chega a calma e para empezar a tempada a primeira cita trouxo medio ciclon.Nada nos facia pensar na rampa de Portonovo que na saida do muelle un vento racheado,variable e "sorro" nos agardaba.
Mentras na rampa...emotivos saudos e abrazos polo reencontro despois do inverno estando gardadas unha a unha as dornas foron bicando o mar e dirixindose a saida do porto...ali outro galo cantaria,e a tripulacions cosian os rizos das velas,vinteunha dornas tomarian a saida pero tan so dez rematarian,o vento que foi en aumento durante a proba rompia palos,bancos e verjas e incluso algunhas dornas volcaban,as lanchas de apoio traballaban a reo¡¡¡¡








A regata gañaba a Rona con Dani e Lucia,o seu irman Kin acompañado polo seu pai na Caropa remataban cuartos a Lourdes de Pablo e Rafa remataban oitavos e a Outra de Lino e Richy retirabanse o final da primeira volta,o remate os Amigos da dorna de Portonovo deronos unha boa merenda eu un plato de barro de recordo da regata,momento  de charla e anecdotas e risas moitas risas.
Pero unha seman despois e inda o corpo medio mazado chegou a Famosisima regata dos Faros,xogabamos na casa¡¡¡¡¡A mañan amencia gris e cuberta e catro pingas caian de vez en cando.Vintecatro dornas loitarian polo cobizado trofeo e con un vento frouxo bastante frouxo optouse polo recorrido B,as dornas salirian dende Confin para dirixirse ata a baliza do Arido despois o Faro das Umias para finalmente rematar diante da praia de Confin,e como o de xogar na casa sempre da un algo mais...A Rona de Dani e Lucia volvia a  gañar e lebandose o faro de ouro por segundo ano consecutivo,A Caropa de Kin eo seu pai remataban moy perto dos gañadores e o faro de prata tamen quedaba na casa,a Forza R da Arousa chegaba terceira seguida da Bazarra e da Zenaida,septima remataba a Fuxe de Parada,novena a Faisca,decima a Tesedeira de dezaseis remataba a Fanequeira seguida da Chunga de dezanove a Lourdes e pegada a Maraxe e de vintecatro a Calloa.
Entrega de Premios e Papatoria con cosiñeiro que nos preparaba a paella en vivo e en directo,que mellor para rematar o sabado que unha boa conversa acompañado dunha boa comida e unha tasa de tinto,agora toca preparar os barcos para a proxima e os corpos tamen¡¡¡¡¡¡¡
















Fotos :
Luis Chouza Lopez
Richy O Rey 
Aprobeitar estas liñas para agradecer a Luis Chouza polas fotos,a Proteccion Civil por velar pala seguridade da proba e a Organizacion do desembarco Pirata,asi como  a tod@s os que fixestedes posible que esto vaia avante todos os anos¡¡¡¡MOITAS GRAZAS¡¡¡¡



1 comentario:

Blogger dijo...

If you need your ex-girlfriend or ex-boyfriend to come crawling back to you on their knees (even if they're dating somebody else now) you have to watch this video
right away...

(VIDEO) Text Your Ex Back?