martes, agosto 14, 2012

XVI Encontro de Embarcacions Tradicionais de Bueu

Chegavanos este domingo por Email-urxente un correo dos Galos de Bueu,o cal vos publicamos a continuacion para que esteades informados de primeira man sobre o Encontro que organizan este fin de seman.Notase que estamos en pleno agosto e en tempada alta de regatas e encontros¡¡¡Que non caia no olvido as Tradicions e que non nos falte o vento este fin de seman  tan concorrida para a vela e as embarcacions Tradicionais¡¡¡¡.Un saudiño.

Copia do email dos Galos de Bueu:

Ola a tod@s! Como cada ano, aínda con algunhas dificultades de ultima hora, desde a Asociación de amig@s das embarcacións tradicionais "Os Galos" convidámosvos a XVI Encontro de Embarcacións Tradicionais de Bueu que se fará dende o venres 17 ao domingo 19 do mes de Agosto.
Agradeceríamos que nos enviásedes os seguintes datos ao noso correo (galosbueu@yahoo.es), pois axudaría a mellorar a organización:
-Nome do barco, eslora e manga (aproximados), e asociación a que pertence (se non é particular).
Dicirvos tamén que tendes o pavillón dos deportes para pernoctar se fose preciso as noites do venres e sábado.
Tamén podedes chamar por calquera dúbida ao noso tlf: 618211588 a partires do mércores 15 de Agosto.
O numero de tripulantes estipulado para o xantar e a cea e de 2 a 3 en función da eslora/manga e da embarcación, pois dispoñemos de recursos moi limitados.
Graciñas de antemán pola vosa presenza e desculpade a demora no aviso do evento.
Os Galos Bueu.





No hay comentarios: