lunes, septiembre 29, 2008

Regata do Marisco

Un ano máis pechamos as actividades no mar coa Regata do Marisco, pechando ademáis o calendario de actividades da FGCMF.
Esta nova cita está enmarcada na celebración da Festa do Marisco e conta co patrocinio do Concello do Grove.
O previsto é saír ás 4 da tarde e, se a marea o permite, facer un triangulo entre a Illa da Toxa e o Paseo de Confín como en anos anteriores.
Pola noite, na carpa principal do recinto da Festa actuará Leilía ás 22.00 horas, para quen queira seguir a festa...

Vémonos este sábado día 4.


As fotos da regata de Porto Meloxo aquí

viernes, septiembre 26, 2008

Regata en Meloxo

Este sábado hai regata de dornas a vela en Porto Meloxo, preténdese que sexa unha festa para todos, participantes e visitantes. Farase un percorrido entre o Porto de Meloxo e o Carreiro e logo en terra unhas cañas e lume na parrilla!!!
Quedades convidados...

lunes, septiembre 01, 2008

A Meca impresionou na Regata de Clásicos Emprosal

A Meca participou esta fin de semana na I Regata de Clásicos Emprosal, celebrada en augas da Lanzada e Ons. A regata estivo organizada polo Club Náutico San Vicente do Mar, coa colaboración da nosa asociación.
A Meca ofrceu todo un recital de navegación con unha bolina impresionante con vento SW estable, desde Pedras Negras ata o Faro de Camouco, onde foi tomada esta fotografía.

GALERÍA DE IMAXES
Tedes máis fotos e a clasificación en todogrove.com
Tamén saiu a noticia na Voz de Galicia