domingo, diciembre 24, 2006

Feliz Ano 2007

Remata este ano, un ano cheo de regatas, de actividades en moitos portos e de novas incorporacións. Para o 2007 temos aberto un proceso electoral, do que esperamos que saia unha renovación, temos tamén moitos proxectos e novas ideas, das que co noso traballo e co voso apoio poden sair cousas moi bonitas para que a Dorna Meca siga sempre avante e para que todo aquel que teña curiosidade, queira coñecer como son as embarcacións tradicionais, como se navegan, como se coidan, que queiran participar ou simplemente botar unha man teñan todas as facilidades para facelo.
Agradecer tamén o traballo de todas as persoas e empresas cercanas a nós: Sen persoas coma vos, nós nunca poderíamos facer o que fixemos.
Para todos: que pasedes unhas boas festas e que o ano 2007 só vos traia cousas boas.
Amigos da Dorna Meca.

jueves, diciembre 14, 2006

www.dornameca.org

Desde hoxe está funcionando o novo dominio da nova páxina, máis doado de lembrar, non cambia nada, só o nome, basta con teclear www.dornameca.org para seguir accedendo á nosa web. Se queres engadir o enlace en calqueira outra páxina podes usar este banner.

miércoles, noviembre 29, 2006

A "Lamaschica" en Internet

A dorna de máis recente incorporación na Asociación, a "Lamaschica" de Dani Otero, está na páxina www.modelismonaval.com, que acaba de publicar unha reportaxe sobre o proceso de restauración desta pequena dorna con máis de 70 anos nas súas cuadernas, e que para a próxima temporada andará entre nós de porto en porto.

miércoles, noviembre 15, 2006

ASAMBLEA XERAL 2/XII/06

CONVOCATORIA DE ASEMBLEA XERAL

Lugar: Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey. Ogrobe

Día: sábado 2 de Decembro Hora: 19:00 h.

Menú do día

1. Dación de contas

2. Situación de trámites actuais (subvencións, solicitudes, novo e-mail...)

3. Posta ó día de datos dos socios

4. Aprobación de compra do dominio www.dornameca.org

5. O Racú

6. Convocatoria de eleccións da nova Xunta Directiva

7. Varios:

Lotería de Nadal

Rogos e preguntas

martes, noviembre 14, 2006

Novo correo electrónico

Cambiamos de correo electrónico, por comodidade e mellora de servicio a partir de hoxe mesmo contaremos cunha conta que sustituirá á existente, dirixide os vosos e-mails a
amigosdornameca@gmail.com

sábado, octubre 28, 2006

Lotería do Nadal xa á venda

Xa está a venda a Lotería de Nadal da Asociación de Amigos da Dorna Meca, podes facerte co teu décimo en calqueira dos seguintes estlabecimentos:
110 Sport
Bar O Camionero
Bar Rons
Cafetería La Fragata
Bar O Peirao
Restaurante Paraíso do Marisco
Taberna Casa Abel
Casa Martinez
Taberna Casablanca
Astilleros Hijos de J. Garrido
Ferretería Kinito
Taberna Pacucha
A todos eles, gracias por colaborar.

domingo, octubre 08, 2006

A Fuxe gaña na Regata do Marisco



O día amaneceu desagradable. con choiva e vento calmo e brisas variables por momentos. Os clubes de Cambados e a Illa de Arousa decidiron no acudir por non confiar en ter bo tempo para volver ó remate da proba.

Ó final a maioría das dornas da asociación saímos, acompañados pola Xarandeira de Fasquía, e a Bicoca dos Amigos da Dorna de Portonovo. Demos tres voltas a un circuito triangular disposto entre o Paseo de Confín e a Toxa, a regata foi rápida, e con constantes variacións no desaroio. A clasificación final quedou así:

Fuxe, Xarandeira, Chunga, Triñana, Siña María, Bichasa, Bicoca, Luz Divina, Fanequeira, Lamaschica e Siña Pepa.

O picoteo a base de mariscos variados foi na carpa da Festa, onde se celebrou a entrega de camisolas e premios. Para despedir a época de navegación, e antes de varar as dornas ata a primavera próxima, tivo lugar o concerto da Viñalar Fantastic Band na Casa da Cultura. Alí estivemos casi todos cantando e bailando. Estamos a preparar a galería de imaxes.

De hoxe nun ano...

miércoles, octubre 04, 2006

Regata do Marisco, festa de despedida da temporada (NOVIDADES)


Este sábado día 7 de Outubro ás 4 da tarde, e dentro do programa da Festa do Marisco, terá lugar a Regata do Marisco 2006, organizada en colaboración co Concello. Será un triángulo ubicado entre o paseo marítimo e a Illa da Toxa.
Ó remate da regata faremos a entrega de premios, que será carpa da Festa onde faremos un picoteo, e unha vez finalizada a entrega empeza a festa: despediremos a temporada por todo o alto, coa Viñalar Fantastic Band en concerto. O concerto será ás 20 horas na Casa da Cultura

martes, septiembre 12, 2006

Regata do Albariño 2006, decidiuse o Trofeo Galicia


Asistimos a Cambados para a Regata do albariño, que se aplazou ata o 2 de setembro. A primeira hora da mañán estaba pechado de neboa, pero como parecía que levantaría saimos veleando para alá. A travesía foi tranquila pero moi divertida.
A regata foi co recorrido de costumbre: Porto de Cambados, batea de control do Bohído, baliza do Arido e de novo ó porto, completaronse as dúas voltas en cousa de dúas horas. Na regata copamos os postos do 8 ó 11: Fuxe, Chunga, Marijuana e Cacharula.
Esta foi a última regata puntuable para o Trofeo Galicia de Dornas a Vela, da FGCMF e Deporte Galego, (notase o poderío das dornas do Grove) que ó final quedou deste xeito:
1ª NECORA
2ª PEREKA
3ª FUXE
4ª BAZARRA
5ª CACHARULA
6ªCHUNGA

domingo, agosto 20, 2006

Volta a Rúa: unha mala tarde tena calquera...



A regata que fora aplazada a semana anterior, celebrouse o día 19, o emplazamento orixinal fora o marabilloso peirao de Palmeira, aínda que ó final a proba celebrouse saíndo da plaia de Coroso, en Ribeira. Sun vento do NW saímos cara ás Eiroas para deixalas por babor, despois da virada as varas de portar abriron as velas para a empopada rumbo ó faro de Gidoiros Pedregoso , virando neste para bolinar duramente en dirección a Ribeira. A victoria finalmente foi para o Checo e Victor na Ladra, as nosas dornas foron 9ª Fuxe, 18ª Cacharula, sorprendente 19º posto para a Siña María, 25ª Chunga e como non: 28ª a Luz Divina. O total de dornas participantes foron trinta e unha.

martes, agosto 15, 2006

Festa da Dorna de Rons



O
Bar Rons organizou para o día 15 de agosto unha Festa da Dorna, para os veciños e os amigos desta embarcación, esta festa xa se ten feito anos atrás e este ano decidimos recupoerala un grupo de compañeiros navegantes. Á unha da tarde sairon as 11 dornas que alí se xuntaron, a travesía de dúas voltas fíxose diante de Rons, nun triangulo aberto no cal os tripulantes tiñan que facerse con un xamón que estaba nun faro (virada) e outro nunha batea (tamén virada), ó chegar a terra houbo cochinillos, xoubas asadas, xurelos asados, mexilóns, empanada... xuntoue numeroso público, entre amigos, tripulacións e veciños daquel barrio, que tamén colaboraron na festa, todo unha festa que se prolongou en cantos e brindis ata ben entrada a noite. Gracias por vir ós amigos da Forza R, da Xarandeira e da Julicheira, esperamos que esta festa sexa cita frecuente nos próximos anos.


lunes, agosto 14, 2006

Ragata do Bao, a Fuxe cuarta de novo















O sábado 5 de agosto estivemos navegando na Illa de Arousa, a cita era na praia do Bao, con vento fresco do nordés durante toda a mañán que baixou en intensidade para o momento da regata, xuntámonos 35 dornas. Da nosa Asociación estiveron: Cacharula, Fanequeira, Fuxe, Luz Dinina, Siña María e Siña Pepa. A Fuxe trouxo o trofeo de cuartos clasificados, a Chunga, con Maribel e Fabián a bordo, levaron o premio á primeira fémina clasificada. A Fanequeira e a Siña María tiveron algún que outro contratempo na navegación. Despois da entrega de trofeos houbo foleada con gaitas e tamboriles. Pinchando aquí podedes ver unhas cantas fotos

domingo, julio 16, 2006

X Regata dos Faros para a Nécora e a Cacharula de segunda



Case todo saiu ben na X Regata dos Faros, pouco vento e 35 dornas participando, cumplironse as especativas de participación, pola escaseza de propulsión decidimos anular o paso obligado da boia de Meloxo, polo que despois do faro do Pragueiro as dornas puxeron proa ó porto do Grove. Braulio e Jarri, a bordo da Nécora, foron recibidos con bombas de palenque, o noso compañeiro Elías tirouse da Cacharula I ó mar, deixando solo abordo a Nito, para celebrar o seu segundo posto nesta emblemática regata e o terceiro lugar foi para a Tixosa dos Lajareu por barlvento de Ribeira.
A noticia está no Diario de Arousa.
A entrega de premios foi na Lonxa, os trofeos foron unha figuras de cerámica Galos. Van dez anos e esperemos que haxa moitos máis Se fas click na foto do encabezado podes ver máis.
A semana que ven a Ribeira.

domingo, julio 09, 2006

X Regata dos Faros


Este sábado día 15 de Xullo ás 4 da tarde, teremos a X edición da Regata dos Faros, a proba con máis solera das que se celebran no Grove, o percorrido será o de sempre: saida do porto do Grove, pasando pola baliza do Arido, deixar por estribor o faro das Lobeiras, o faro da Umias por babor e a boia de bateas de Meloxo tamén por babor para facer a entrada no porto do Grove.
A entrega de premios será na lonxa.
Temos que agradecerlle á FGCMF, á Concellalía de Cultura e os locais do Distrito Noite a súa inestimable colaboura.

Estrenando o web

Despois de varios intentos por fin estrenamos o web, aquí pretendemos que haxa un servicio para os socios e para a xente que queira coñecernos ou acercarse a nós.
Haberá unha serie de enlaces que consideramos de interés, pormos fotos de regatas, intentaremos ter actualizada a páxina con noticias, convocatorias de asambleas, de regatas... en fin, todo aquelo que non nos sexa alleo. Ó mesmo tempo animavosmos a colaborar neste web coas vosas fotografías, opinións ou o que queirades.
Polo momento iremos vendo que posibilidades nos ofrece a web para o que queramos transmitir, é decir, que estamos en construción.
Gracias pola vosa colaboración e as vosas visitas